lunes, 12 de mayo de 2014



NOVA NOVELA-DISCO: ESTAMOS NO VERÁN!!!


Xoán Curiel estrea disco xunto coa autora Charo Pita. Unha novela-disco, editada pola Editorial Galaxia. 
As músicas do disco son todas de Xoán Curiel excepto a canción "Arco da Vella", de Jara Ortiz. Rock, pop, funky, bossa-nova, blues ou reagge para que os rapaces e as rapazas poidan sentir a enerxía do verán ao escoitar este disco cheo de maxia e de ritmo.



O ESPECTÁCULO!




Catro músicos, dous cantantes e unha bailarina configuran este espectáculo enerxético no que os rapaces e rapazas van a disfrutar bailando os seus ritmos. En breve poderemos velos en concerto pola nosa terra para facer bailar ao público asistente.


Configuran este elenco:

Xoán Curiel (Guitarra eléctrica, ukelele e voz)
Jara Ortiz (Voz)
Marta Alonso Tejada (Danza)
Carlos Freire (Batería)
Alberte Rodríguez (Baixo eléctrico)
Alex Salgueiro (Teclados)


O disco foi gravado nos estudios Gourmet Sound en A Coruña, con Alfonso Camarero como co-productor do mesmo, xunto con Xoán Curiel.

0 comentarios: